- Sobre Ailalelo
A realidade narrada como nunca antes.
Feitos reais que se senten como ficción.
Ailalelo Producións é unha produtora creativa nacida en 2021 da man dos xornalistas e escritores Arturo Lezcano e Nacho Carretero.
Convertemos reportaxes e investigacións xornalísticas en series de ficción con selo narrativo, ambición visual e sentido da verdade.
Descobrimos, investigamos e desenvolvemos historias e realidades para convertelas en proxectos audiovisuais.

OS FUNDADORES
Xuntos dirixen Ailalelo cunha visión clara: transformar o xornalismo en narrativas audiovisuais que impacten, emocionen e conecten coa realidade
Nacho Carretero (A Coruña, 1981)
Conectou a súa carreira como reporteiro e xornalista de investigación co audiovisual o proxecto Fariña. O seu libro, publicado en 2015, foi convertido en serie de ficción da man de Bambú Producciones para AtresMedia.
Posteriormente, en 2019, repetiu o proceso con En el corredor de la muerte para MovistarPlus+. O documental 800 Metros sobre os atentados do 17A en Barcelona, para Netflix, foi o seu último proxecto audiovisual antes de arrancar a súa etapa en Ailalelo.


Arturo Lezcano (Ferrol, A Coruña, 1976)
Desenvolveu unha traxectoria sempre pegada ao audiovisual. Primeiro, como xornalista televisivo en Galicia, despois como correspondente en Latinoamérica á fronte de Maresia, a súa produtora de noticias e reportaxes. E, de volta en España, participando no desenvolvemento e guión de programas de televisión e documentais, como El último símbolo (Amazon prime), antes de iniciar de novo o camiño propio con Ailalelo, desde a investigación á produción.
RESPONSABLE DE INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO
Carlos Marlasca (Madrid, 1979)
Estivo contando a actualidade de España tanto diante como detrás das cámaras en medios internacionais como Telemundo, Deutsche Welle, BBC ou Euronews. Tamén traballou en televisións nacionais como La Sexta, antes de enrolarse en Ailalelo, onde manexa desde a investigación e o desenvolvemento de contidos ata a produción dos proxectos.

O equipo de Ailalelo traballou en proxectos como:


